viernes, 15 de noviembre de 2013

Concurso do Concello campaña de prevención de consumo de alcohol da mocidade. Apúntate unha idea

Desde o Concello de Ourense, a concellería de Saúde, convoca un concurso para estudantes co obxectivo de desmontar s mitos sobre o alcohol.

Trátase de apuntar un lema para desmontar o alcohol. Hai que facer un lema en galego con 5 palabras como máximo que resuma a idea. Un debuxo en cor ou branco e negro, para representar a idea. Un desenvolvemento das accións, para difundir a idea.

No local da concellería pódense recoller os impresos para o concurso, ou solicitalos para o colexio.

* Premios. Smartphone libre, Tablet.

* Bases:
1- Idade: entre 12 e 16 anos e estudantes do Concello de Ourense.
2- Pódese concursar individualmente ou en grupo (máximo 3 persoas).
3- Xurado nomeado pola Concelllería de Saúde.
4- A Concelllería resérvase os dereitos sobre os traballos presentados, que non se devolverán.
5-As ideas entregaranse antes do 20 de decembro, aos titores ou pódense levar a Concellería de Saúde, rúa Concordia, 20. Entlo. CP:32003. Ourense.
6-A partir de febrero de 2014 poderanse difundir as ideas apuntadas.
7- A participación no concurso supón a aceptación das bases.

Contacto:

Teléfono : 988510622

sanidade.pvillar@ourense.es

www.ourense.es/saude


No hay comentarios:

Publicar un comentario